As distintas realidades do mercado laboral español, por Venancio Salcines
OPINIÓN
As distintas realidades do mercado laboral español, por Venancio Salcines
A EPA do primeiro trimestre deunos a faciana do mercado laboral español, que evidencia tres grandes retos; o primeiro é elevar a taxa de actividade feminina, que en boa lóxica deberían ser similares e non, como é agora, dez puntos porcentuais por debaixo da masculina. Igualar esta taxa de actividade implicaría incorporar, no mercado laboral, un millón e medio de mulleres. O segundo gran reto é rebaixar a taxa de paro feminina, a pesar de ser menos ocupadas, o desemprego feminino supera o masculino en cento sesenta mil persoas. Por último, España mostra dous mercados laborais, son seis as autonomías que superan a media española, Andalucía, Baleares, Canarias, Castela A Mancha, Comunidade Valenciana e Estremadura, concentrando, en elas o groso do desemprego nacional.
Galicia mostra tamén dúas realidades, por un lado, Lugo, cuna taxa de paro do sete por cento, das máis baixas de España, soamente superada por Teruel e Segovia e ao mesmo nivel que Zaragoza, Santander ou Lleida. A Coruña provincia sitúase, con un nove por cento, en taxa de desemprego, ao mesmo nivel que Madrid ou Barcelona. Ourense queda lonxe dos bos datos de Lugo, e supera, cun 10,46 % en términos porcentuais á Coruña. Pero o mercado laboral onde mostra a súa peor faciana é en Pontevedra. A taxa de paro supera a media española, ten dez mil desempregados máis ca a provincia da Coruña e mostra debilidades tanto en desemprego feminino como no masculino.
Unha análise deste trimestre non pode obviar que tivemos un mal arranque, deixando fora o 2020, o peor en oito anos. O desemprego centrouse esencialmente en persoas estranxeiras fronte a nacionais, mulleres e no sector servicios. O dato de cento corenta mil empregados menos é importante, pero non suficiente de cara a afirmar se estamos ante un cambio de tendencia. Sempre o primeiro trimestre mostra malos datos porque terminan os seus contratos os empregados temporais das campañas do Nadal. En todo caso, toca ser cauto porque estamos ante un mal dato e debemos comprobar que non se converte en tendencia.