Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas de produtos pesqueiros reclaman a baixada do IVE do peixe

As empresas de produtos pesqueiros reclaman a baixada do IVE do peixe

As empresas galegas de produtos pesqueiros facturaron o ano pasado 858 millóns de euros, o que supón o 2,7 % do total do PIB de Galicia

G24.gal 26/06/2024 14:41

As empresas galegas de produtos pesqueiros facturaron o ano pasado 858 millóns de euros, o que supón o 2,7 % do total do PIB de Galicia. Conxemar representa boa parte das empresas do sector. Esta mañá, fixeron balance e reclamaron a baixada do IVE do peixe. 

Tras lamentar unha vez máis que non se considere o peixe entre estes alimentos, Anfaco insta o Goberno nun comunicado a "que explique e argumente a razón desta reiterada decisión que afasta o acceso do consumidor a unha dieta de calidade, máis aínda no caso das capas sociais máis desfavorecidas", á vez que se pregunta "se só está fundamentada en recadar a cambio do empobrecer a dieta dos cidadáns".

A asociación lembrou que a previsión do Banco de España é que o prezo dos alimentos suba unha media do 4,5 % ese ano e apuntou que a rebaixa ou eliminación do IVE sobre os produtos pesqueiros "é unha reivindicación histórica do sector", e que se mantén e intensifica ao ser excluídos das medidas adoptadas polo Goberno para afrontar a espiral inflacionista.

Esta exclusión, advertiu Anfaco, pode dar unha imaxe errónea de que se trata de alimentos máis caros e prescindibles, "aínda que o propio Goberno recomende o seu consumo tres ou catro veces á semana", e volveu a insistir en que se reduza ou elimine o IVE como fixeron outros países europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade