Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas de reparacións reorganízanse para afrontar a avalancha de incidencias polos temporais

As empresas de reparacións reorganízanse para afrontar a avalancha de incidencias polos temporais

As flitracións de auga en cubertas e as inundacións de baixos e sotos son as incidencias máis habituais

G24.gal 20/01/2023 14:45

Os operarios de reparacións non descansan para poder dar resposta á avalancha de incidencias que reciben polos efectos do mal tempo.

"Temos tres camións de desatasco e non damos feito".

O vento levantou tellados tirou árbores e valos. Pero é a auga a que máis danos provoca en vivendas, negocios, rúas e estradas.

"Sobre todo filtracións e canlóns que non teñen ben feito o mantemento e producen entradas de auga nas vivendas".

As empresas calculan que se multiplica por tres o seu traballo habitual. De feito vense obrigadas a reorganizar o seu programa para afrontar as incidencias.

"Paralizamos unhas obras e tempos que dar unha resposta rápida a outras como entradas de auga importantes que te obrigan a actuar".

A maior parte destes traballos realízanse por medio das comunidades de veciños e das aseguradoras. Unespa, a patronal do seguro, calcula en arredor de 800 millóns anuais os cartos que se destinan a danos provocados pola meteoroloxía.

"En Galicia prodúcese un de cada dezaseis sinistros deste tipo e páganse catro de cada cen euros. Galicia non é unha das comunidades nas que se produce unha maior sinistralidade".

Por provincias, Lugo e Pontevedra son as que acumulan máis sinistros relacionados coa meteoroloxía, seguidas da Coruña e de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade