As empresas do naval únense para conseguir fondos europeos
As empresas do naval únense para conseguir fondos europeos
Un dos seus obxectivos e o financiamento da industria auxiliar e a internacionalización
A eólica mariña abre novas posibilidades de mercado
O naval galego une forzas para conseguir fondos europeos. Apostan por proxectos que permitan modernizar e dixitalizar o traballo nos estaleiros, pero tamén impulsar a presenza no estranxeiro da industria auxiliar. O potencial científico e tecnolóxico galego é a súa gran fortaleza.
Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación avanzou que queren "estimular a demanda, dende o punto de vista da diversificación e buscar novos segmentos de mercado e engadiu que "a eólica mariña é un dos obxectivos fundamentais"
Unha prioridade que comparte Enrique Mallón, Secretario xeral de ASIME, que asevera que "é absolutamente posible a compatibilidade entre a actividade pesqueira e a eólica mariña" e matiza que sería "unha afectación en espazo que non chegaría nin ao 1 % de toda a superficie que hai en Galicia", para engadir que "é un tren que non debemos deixar pasar".
Polo momento, o Goberno de España non detallou os criterios para acceder a eses fondos europeos, pero as empresas xa están a coordinarse na busca de investimento. Así o detalla Óscar Gómez, Xerente de Aclunaga, que apunta que traballarán "conxuntamente ASIME e ACLUNAGA en desenvolver unha lista de actuacións e necesidades que teñen as empresas para que a maior parte delas podan participar deses fondos".
Case 300 empresas forman parte do naval galego, que representa o 3,5 % do PIB.