As empresas terán que adaptarse para cumprir coa lei de paridade
As empresas terán que adaptarse para cumprir coa lei de paridade
Para os empresarios falta diálogo social e consenso á hora de aprobar este tipo de leis
Os traballadores consideran que é un avance cara á igualdade, pero que queda curto
As empresas poñen en dúbida o sistema de cotas de xénero nos procesos de selección de persoal.
Apostan polo avance cara á igualdade no mundo empresarial, pero din que non é o momento para anunciar a nova normativa. Critican que o Goberno central non contou cos empresarios para a elaboración da lei que terán que comezar a aplicar nuns meses.
Os traballadores aplauden a medida que supón un avanza cara a garantir a igualdade, pero critican que quedan fóra as pequenas e medianas empresas e sectores nos que apenas hai representación das mulleres.
Haberá sancións para as empresas que non apliquen a nova lei de paridade.