As entidades ecoloxistas piden máis medidas para defender o mar
As entidades ecoloxistas piden máis medidas para defender o mar
Baixo o lema "En defensa do nos mar", convocaron unha manifestación este domingo en Santiago
Baixo o lema "En defensa do noso mar", varias organizacións ecoloxistas e agrupacións do mar convocaron para este domingo unha manifestación en Santiago. Queren chamar a atención sobre o risco de transportar materiais contaminantes como o plástico.
Segundo explicaron, o obxectivo da manifestación do domingo non é outro que o de transmitir á sociedade galega que o modelo produtivo da pesca tradicional require de máis compromisos por parte das administracións
A esta convocatoria referiuse a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Ánxeles Vázquez asegurou que "somos libres para manifestarnos, pero hai manifestacións que son claramente políticas. E esta é unha manifestación política e é bo que se diga".
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo un chamamento aos manifestantes para que coiden a imaxe de Galicia para que non saian prexudicados o turismo e outras actividades económicas.
A manifestación partirá ás 12 do mediodía do domingo desde a Alameda de Santiago de Compostela cara á praza do Obradoiro.