Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rede viaria da Xunta contará con 400 efectivos e 80 quitaneves para afrontar o inverno

A rede viaria da Xunta contará con 400 efectivos e 80 quitaneves para afrontar o inverno

O plan de vialidade invernal actívase este martes en Ourense e Pontevedra e o 15 de novembro no resto de Galicia

A rede de estradas do estado despregará 300 efectivos e 100 quitaneves, tres delas de reforzo na zona afectada polo colapso do viaduto do Castro

G24.gal 31/10/2022 14:54

400 efectivos, 80 quitaneves e máis de 5.000 toneladas de sal despregaranse este inverno nas estradas galegas máis afectadas polo xeo ou a neve.

"Son medidas preventivas para anticiparnos a posibles problemas e paliativas para reforzar a seguridade viaria cando haxa incidencias por clima adverso. Temos un protocolo para resolver as incidencias e informar o usuario de maneira permanente", explica a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

O plan actívase mañá nas provincias de Ourense e Lugo e a partir do 15 de novembro no resto de Galicia. Búscase evitar problemas de circulación e paliar os efectos dos temporais nos 5.500 km de estradas da Xunta, especialmente nas zonas máis altas e frías do país.

"De madrugada botamos salmoira, sal con auga, para previr xeadas. Cando xa hai neve hai que sacala con coitela e despois deixar sal groso na estrada" comenta Marcos Buide, xefe provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense.

Amais, nos 2.500 quilómetros de estradas dependentes do Estado tamén se activa mañá o dispositivo invernal, con 300 efectivos e máis de 100 vehículos quitaneves, tres deles destinados a reforzar a seguridade no tramo afectado polo colapso da autovía do Castro á altura de Pedrafita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade