As exportacións galegas medran un 32 % en 2021
As exportacións galegas medran un 32 % en 2021
O crecemento medio das exportacións en España foi do 19,06 %
A Coruña foi a provincia onde máis medraron as exportacións
Galicia suspende en exportacións de contido tecnolóxico
Galicia consolida, con este crecemento, o peso relativo das exportacións galegas no total español, se desprende do informe do Foro Económico de Galicia, Baexga (Barómetro Exportador de Galicia) que cada trimestre elaboran os economistas Isabel Novo Cortí e José Manuel Sánchez, da Universidade da Coruña.
Tal e como o amosa o semáforo Baexga , o único indicador verde é o relativo ao valor das exportacións, que para o conxunto de 2021 se sitúa no 8, posto que o peso de Galicia en España mantense moi por riba do seu peso no PIB.
Por provincias, todas rexistran taxas interanuais positivas, e cabe salientar os casos da Coruña e de Ourense, con crecementos do 77,2 % e 31,8 % respectivamente.
As diferenzas entre provincias son considerables e responden á concentración sectorial que caracteriza cada unha delas, especialmente nos casos da Coruña, co sector téxtil, e Pontevedra, co sector da automoción, segundo explicita o informe do Foro Económico de Galicia.
"Canto aos graos de concentración das exportacións, tanto o sectorial como o espacial son máis altos en Galicia que en España e, polo tanto, non superan o amarelo", explica o informe de Baexga", malia que neste trimestre "a diferenza con respecto a España reduciuse levemente".
Galicia aumenta en 2021 o seu número de empresas exportadoras, pero aínda así segue por debaixo do valor que lle correspondería segundo o seu peso económico no conxunto de España, di informe e colócalle o semáforo en vermello.
En canto ao contido tecnolóxico das mercadorías exportadas, a porcentaxe de empresas galegas que exporta produtos de alta intensidade tecnolóxica é inferior ao conxunto de España. Ademais, a maior taxa de crecemento interanual para España amplía dita diferencia, polo que o Foro Económico de Galicia lle coloca o semáforo en vermello.