Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias das vítimas do Villa de Pitanxo esíxenlle ao Goberno que coopere coa Xustiza

As familias das vítimas do Villa de Pitanxo esíxenlle ao Goberno que coopere coa Xustiza

Critican a descoordinación e a falta de colaboración do executivo coa Audiencia Nacional que atrasaron a expedición para inspeccionar os restos do barco

Esixen que un interlocutor ministerial os manteña informados da investigación e dos resultados sexan os que sexan

O robot para baixar ao Villa de Pitanxo no Buque Ártabro
G24.gal 14/05/2023 11:22 Última actualización 14/05/2023 20:50

As familias dos náufragos do Villa de Pitanxo, afundido en augas de Terra Nova o 15 de febreiro de 2022, reclámanlle ao goberno que non poña obstáculos na investigación do accidente e que coopere coa xustiza para saber a verdade do que pasou.

A voceira dos familiares das vítimas, María José Dopazo, expresaba no espazo Bos Días da TVG que se sentían tristes e defraudados pola situación que viven.

"Isto non é un mero trámite, non é mandar un barco para buscar especies en perigo de extinción. Que o goberno aposte por non facer sufrir máis as familias.  É unha misión, a baixada ao barco afundido, para buscar probas, para saber a verdade do que pasou, as causas do naufraxio do Villa de Pitanxo. Hai que saber ou buscar indicios na instrución do caso para coñecer se houbo 21 supostos homicidios imprudentes no accidente marítimo máis grave en Europa", insiste María Xosé Dopazo.

Piden que se envíe o barco unha vez que xa lles dixeron que Transportes xa lle enviou ao xuíz a documentación coa empresa adxudicataria da baixada á embarcación.

"A misión ten que saír con todas as garantías xudiciais e hai que cumprir o que diga a Audiencia Nacional, non se poden facer de costas a ela. Non me parece de recibo que a nós non non facilitaran o xustificante nin aviso de recibimento da documentación enviada", engade Dopazo.

A próxima semana o novo Delegado do Goberno, Xosé Ramón Gómez Besteiro, recibirá os familiares do Villa de Pitanxo.

"Transmitirémoslle que precisamos dun interlocutor gobernamental que nos informe da investigación, que non lle poñan atrancos á xustiza, que sexan transparentes, que nos informe do contrato con ACSM Ships, a empresa que baixará cun robot ao Villa de Pitanxo".

Tamén piden que se lles trasladen as conclusións das probas que se fixeron cunha maqueta sobre a misión que se vai realizar, que conclusións acadou, xa que consideran que aínda hai moita opacidade sobre esta traxedia. Que o Goberno demostre que colabora coa xustiza.

"O goberno non lle trasladou en tempo e forma a información que lle pedía a Audiencia Nacional e agora esta ten que concertar coa adxudicataria todos os aspectos e a data para partir cara a Terra Nova".

A expedición a Terra Nova duraría aproximadamente un mes, conforme as previsións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade