As familias do Pitanxo afrontan o 2º aniversario do naufraxio esperanzados co informe dos peritos
As familias do Pitanxo afrontan o 2º aniversario do naufraxio esperanzados co informe dos peritos
O ditame descarta que unha parada repentina do motor fose a causa do naufraxio
Confían en que xuíz corrobore o escrito dos peritos na súa sentenza
A piques de facer dous anos do afundimento do Villa de Pitanxo en augas de Terra Nova, as familias dos 21 mariñeiros falecidos danse por satisfeitas coa peritaxe xudicial.
Despois de inspeccionar o pesqueiro o verán pasado, os técnicos conclúen no seu ditame que "a causa máis probable" do afundimento foi un erro humano do capitán. Descartan que o buque se afundira por unha parada repentina do motor.
"As cousas non é crelas ou pensalas. As cousas é demostralas é aquí hai dous peritos designados polo xuíz que non son de parte. Corrobora todo o que nós pensabamos, corrobora a versión do terceiro sobrevivente", di María José de Pazo voceira das familias.
"A frase coa que quedo é que foi unha neglixencia, unha ambición do patrón", apunta Carolina, viúva de Jonathan.
Confían en que a apertura do xuízo oral non demore e que o xuíz ratifique estas conclusións.
"Imos ter unha sentenza xusta polos 21 mariñeiros e pola xente do mar", apunta María José.
"O dó vai comezar o día que se acabe todo e que poida abrazar os meus fillos, e si poder chorar, porque non podo chorar diante deles", sinala Carolina.