As familias do Villa de Pitanxo reúnense co delegado do Goberno e co conselleiro do Mar
As familias do Villa de Pitanxo reúnense co delegado do Goberno e co conselleiro do Mar
Están pendentes das declaracións dos representantes da empresa armadora na Audiencia Nacional
As familias dos falecidos no afundimento do Villa de Pitanxo, en augas de Terra Nova en febreiro de 2022, reuníronse por primeira vez co delegado do Goberno en Galicia e co conselleiro do Mar.
Tras estas xuntanzas tanto o Goberno central como a Xunta mostraron a súa disposición de estar a carón dos familiares nas súas demandas.
Para as familias dos falecidos o máis importante é que se esclareza a verdade, e piden xustiza. A semana que vén van declarar na Audiencia Nacional os representantes da empresa armadora.
"Nós queremos esclarecer as cousas, queremos xustiza, para os 21 e para a xente do mar porque hai moita xente que está embarcada e moitas familias que están vendo este caso, como se trata", di a voceira das familias dos falecidos no Villa de Pitanxo.