As familias galegas gastarán unha media de case 400 euros por fillo na volta ao cole
As familias galegas gastarán unha media de case 400 euros por fillo na volta ao cole
O desembolso maior vai destinado á compra de libros e uniformes
Segundo a OCU, cada familia gastará en todo o curso algo máis de 2.500 eros por fillo
A volta ao cole vai supoñer para as familias galegas un gasto medio duns 390 euros, algo menos que na media española que supera os 400.
Coa fin das vacacións de verán chega un dos momentos máis temidos por moitas familias galegas con cativos en idade escolar. O día 11 de setembro comeza o curso en Galicia en todas as etapas, agás a universitaria, e con el un desembolso en roupa, libros e material escolar que desbarata o presuposto mensual de moitos fogares.
As librarías e comercios que venden material escolar xa teñen todo preparado para afrontar un dos momentos de máis traballo e máis rendibles do ano. A maior parte do gasto vaise en libros e uniformes. A pesar da dixitalización do ensino, o prezo dos libros segue subindo, custan uns 187 euros por alumno, un 1,18 pro cento máis que o curso pasado. Os de infantil son algo máis baratos e os da ESO máis caros, máis de 250 euros, aínda que poden variar en función do tipo de educación, publica, privada ou concertadas. Comparar prezos e facer as compras con antelación poden axudar a reducir gastos.
Segundo a OCU, cada familia gastará durante todo o curso uns 2.500 euros por fillo, un 13 por cento máis ca o ano pasado.