As feiras Enerxétika e Expomunicipal levan a Silleda máis de 6.000 persoas ata o sábado
As feiras Enerxétika e Expomunicipal levan a Silleda máis de 6.000 persoas ata o sábado
Enerxétika é unha mostra que se celebra bianualmente e que amosa as principais innovacións en produción enerxética sostible
A carón desenvólvese a primeira edición de Expomunicipal
Espéranse máis de 6.000 visitantes nestas dúas feiras que buscan a simbiose no recinto feiral de Silleda. Cunha única entrada accédese, dunha banda, a Enerxétika, un lugar onde atopar solucións de mobilidade eléctrica, acondicionamento térmico do fogar ou instalacións autónomas de enerxía solar.
Con innovacións, como uns microtansformadores, que adheridos a cada placa fotovoltaica, incrementan a eficiencia. Pellets, xeotermia, aerotermia, illamentos son solucións que reducen ao mínimo o consumo e a pegada de carbono, e que ademais de a particulares interesan tamén a institucións coma os concellos.
"Por iso se complementan tan ben estas dúas feiras e esperamos que entre as dúas atraian a moita xente vinculada ás entidades locais e a enerxía", declarou Ricardo Durán, o director xeral da Fundación Semana Verde de Galicia
En Expomunicipal a xestión sostible tamén abrangue todo tipo de oferta, desde buses, a maquinaria para mantemento dos xardíns, ou mobiliario realizado con plástico reciclado,
Vense fosas sépticas que son depuradoras para vivendas afastadas da rede de saneamento, opcións de seguridade e accesibilidade. Unha mostra variada que desde primeira hora chamou a atención de profesionais e público xeral.