Cargando resultados...
A forte chuvia causa inundacións e cortes de tráfico en Valdoviño
A forte chuvia causa inundacións e cortes de tráfico en Valdoviño
Preocupa a evolución do río das Mestas ao seu paso polo Porto de Cabo
G24.gal
24/12/2022 20:34
Última actualización 24/12/2022 20:42
Día complicado en Valdoviño, onde rebordaron ríos coincidindo coa preamar. O río das Mestas rebordou ao seu paso polo Porto do Cabo. A auga anegou o terreo dalgunhas vivendas, polo momento sen causar excesivos problemas. Algúns veciños pasarán a Noiteboa pendentes da subida do nivel da auga.
O río San Vicente desbordouse na parroquia de Meirás. Varias pistas quedaron pechadas ao tráfico. Durante todo día Protección Civil traballou para tratar de que as persistentes chuvias non afectasen á circulación nas principais estradas do municipio.
Seguirá chovendo nas próximas horas, pero con menos intensidade.