Publicador de contidos
Publicador de contidos

As forzas de seguridade e os servizos de emerxencia comparten xornada cos cativos

As forzas de seguridade e os servizos de emerxencia comparten xornada cos cativos

Axentes da Garda Civil, da Policía Nacional, os bombeiros e os servizos de urxencia contáronlles aos cativos de San Cibrao das Viñas cal é o seu xeito de traballar e transmitíronlles unha mensaxe: que poden contar con eles en calquera circunstancia

G24.gal 05/07/2022 14:34

Ata este campamento de verán en San Cibrao das Viñas achegáronse as distintas unidades da Garda Civil, a Policía Nacional, os bombeiros e os servizos de urxencia, para contarlles aos cativos de primeira man cal é o seu xeito de traballar e tamén para transmitirlles unha mensaxe: que poden contar coa súa axuda en calquera circunstancia. 

Poden subir aos coches, aos camións, ás motos, tocar as sirenas, achegarse a un cabalo ou coller unha mangueira. Hoxe todo se pode preguntar e tocar.

"Para que serven as cousas, tocalas, a ver o que pesan, ver como se moven, como funcionan... failles moita graza, a verdade é que se divirten bastante." Conta Juan Corbal, do Equipo de busca e localización de explosivos da Garda Civil."

Queren deste xeito que os cativos saiban quen son e como traballan as forzas de seguridade e os servizos de urxencias. Pero tamén que teñan claro que aí están cando se atopen en apuros.

"Dá gusto estar así cos rapaces e que nos perdan o medo, que a policía non te leva cando es malo, non, estamos aquí para axudalos. Teñen que afacerse a vernos con naturalidade na rúa, de xeito que se necesitan algo que nos pidan axuda, para iso estamos." Apunta Antonio Mosquera, do grupo de Participación Cidadá da Policía Nacional.

Rematada a visita, e coa axuda dos bombeiros, auga para todos. Unha fin de festa redonda para unha xornada que moitos tardarán en esquecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade