Cargando resultados...
As grandes superficies retirarán por uns días o leite das empresas Capsa e Lactalis
As grandes superficies retirarán por uns días o leite das empresas Capsa e Lactalis
Pactaron con Unións Agrarias que non o venderán ata que lles suban o prezo en orixe aos gandeiros
Maite Teijido
18/11/2021 20:35
As grandes cadeas de distribución alimentaria galegas retirarán do mercado o leite das empresas Lactalis e Capsa mentres non lles suban o prezo en orixe aos gandeiros.
Así o acordaron tras reunirse co sindicato Unións Agrarias, que denuncia que estas dúas empresas lles pagan o litro de leite aos gandeiros por baixo dos custos de produción.
Isto suporá que nos próximos días non haberá nas grandes superficies leite de marcas tan recoñecidas como Larsa, Ram, Puleva ou President.
Lactalis e Capsa recollen preto do 35 por cento do leite que produce Galicia e pecharon o exercicio pasado con récord de ingresos.