As Guerreiras, coa galega Alicia Fernández, comezan o seu camiño ás olimpíadas na Guarda
As Guerreiras, coa galega Alicia Fernández, comezan o seu camiño ás olimpíadas na Guarda
A selección española feminina de balonmán chega este luns á localidade pontevedresa
A Guarda acollerá ás Guerreiras na súa preparación para os Xogos Olímpicos de París. O combinado nacional adestrará no Pavillón da Sangriña os vindeiros días, onde se concentrará en dúas fases: unha desde o 17 ó 23 de xuño e a seguinte do 26 de xuño ao 3 de xullo.
Alicia Fernández foi unha das 20 xogadoras (pre)seleccionadas por Ambros Martín. A valdoviñesa acaba de realizar unha gran campaña co seu equipo, o Rápido de Bucarest, co que acadou a segunda praza na liga romanesa de balonmán.
A central amósase moi ilusionada por estar en París 2024
"Temos moitas ganas de reunirnos xa e comezar coa preparación para os Xogos Olímpicos"
Alicia é a única galega na lista de Martín. Leva xa 7 anos xogando en Romanía, logo de facer as maletas desde o Balonmán Bera Bera vasco.