Publicador de contidos
Publicador de contidos

As 'influencers' galegas venden a súa roupa e súmanse á segunda man cun fin solidario

As 'influencers' galegas venden a súa roupa e súmanse á segunda man cun fin solidario

Suman centos de milleiros de persoas seguidoras en Instagram coas que comparten gustos e tendencias e agora tamén as súas propias pezas de roupa

G24.gal 16/12/2022 21:27

Fotógrafas, bloggers, xornalistas. Son creadoras de contidos unidas pola moda nun mercado de Nadal co que baleiran roupeiros para dar unha nova vida á súa vestimenta.

"Estamos no momento do frío e por iso apostamos por sacar todo o que é roupa exterior como abrigos e moito punto tamén", explica a influencer Carla Estévez (@carlaestevezblog).

"Abrigos e tamén chaquetas curtiñas que son agora mesmo tendencia", engade a influencer Omaira Marcos (@mairamarcos).

Suman centos de milleiros de persoas seguidoras en Instagram coas que comparten gustos e tendencias e agora tamén as súas propias pezas de roupa.

"Son prendas que poden seguir usándose e é chave que a xente as acepten tan ben e que lle guste usalas", afirma Patricia García (@donkeycool).

Pasear por este mercado e botar unha ollada é unha oportunidade tamén para facer unhas compras de Nadal solidarias.

A influencer Iria Lata (@myblueberrynightsblog) resalta que "tiña moitas ganas de baleirar o meu roupeiro, pero sobre todo tiña tamén ganas polo espírito do Nadal e solidario que hai detrás porque tanto Cine Paría como nós queriamos doar unha parte do que se vai vender aquí ou que se vai consumir no bar. E isto é unha motivación máis para facer este tipo de cousas".

Desta volta parte dos cartos recadados terán como destino a Cociña Económica da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade