As inmobiliarias avalían a nova lei de vivenda do Goberno
As inmobiliarias avalían a nova lei de vivenda do Goberno
As zonas tensionadas e os grandes propietarios poden xerar efectos contraproducentes
A aprobación da nova lei de vivenda a vindeira semana abre un novo escenario. Desde o sector inmobiliario valoran positivamente a creación dos avais para menores de 35 anos con fillos. E considera unha arma de dobre fío a rebaixa de pisos que pode ter un gran propietario e a creación de zonas tensionadas.
Segundo as inmobiliarias a nova lei non resolve o gran problema da vivenda, que é a falta de vivenda pública, algo que só se resolverá a longo prazo.
Si incide sobre a alza constante dos prezos do alugueiro con medidas como a creación de zonas tensionadas en que non poden subir os prezos.
Tamén é positiva a creación de avais para menores de 35 anos con fillos, unha lexislación que xa avanzara a Xunta.
Tamén se reduce o número de pisos necesarios para ser un gran propietario, auméntanse os requisitos para desafiuzar e alónganse os contratos de alugueiro. Son en principio medidas positivas pero de efectos impredicibles, xa que poden desanimar os propietarios á hora de poñer as vivendas en alugamento.