Publicador de contidos
Publicador de contidos

As ligas europeas denuncian a FIFA ante Bruxelas pola saturación nos calendarios

As ligas europeas denuncian a FIFA ante Bruxelas pola saturación nos calendarios

Javier Tebas cuestionou que a FIFA e a UEFA "fagan un uso adecuado dunha posición que o TJUE recoñeceu como un monopolio

G24.gal 14/10/2024 15:21 Última actualización 14/10/2024 15:31

As ligas de fútbol europeas, incluíndo a española, e a Federación Internacional de Asociacións de Futbolistas Profesionais denunciaron este luns á FIFA ante a Comisión Europea por abusar da súa posición dominante no fútbol comunitario á hora de establecer os calendarios das distintas competicións deste deporte.

"A queixa explica como a imposición de decisións sobre o calendario internacional por parte da FIFA é un abuso de posición dominante e infrinxe a lexislación da Unión Europea". 

"A xurisprudencia recente (...) deixa claro que a FIFA debe exercer as súas funcións regulatorias de forma transparente, obxectiva, non discriminatoria e proporcionada para neutralizar o seu conflito de interese", dixeron os demandantes nun comunicado.

Desde A liga, o seu presidente Javier Tebas cuestionou que a FIFA e a UEFA "fagan un uso adecuado dunha posición que o TXUE recoñeceu como un monopolio" e asegurou que ambas as institucións, "claves no desenvolvemento do fútbol", están a exercer un abuso de posición dominante.

"É sorprendente que, despois de nove meses de resolucións moi importantes respecto a gobernanza do fútbol en Europa, FIFA non oia ou lea a mensaxe que se está lanzando", subliñou Tebas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade