Nova fin de semana de rúas cheas de xente no Nadal vigués
Nova fin de semana de rúas cheas de xente no Nadal vigués
As ringleiras para subir á noria son unha constante
As luces de nadal de Vigo seguen sendo todo un reclamo turístico. Cando cae a noite, transfórmase noutra cidade. As principais rúas vólvense peonís e as luces acaparan todas as miradas.
A diferenza da fin de semana pasada, cando estaba chea de turistas, este domingo había máis vigueses e viguesas gozando do alumeado de Nadal.
A noria é un fiel reflexo da cantidade de xente que leva pasado por aquí. Dende que comezou a funcionar, a finais de novembro, as ringleiras son unha constante, sobre todo nas fins de semana.
Onde máis se nota é no tráfico. Coas principais rúas cortadas, moitos decídense a vir noutros medios de transporte.
Aínda queda moitas festas para desfrutar do acendido e das actividades de ocio e lecer. Sobre todo para o público infantil.
As imaxes das rúas cheas de xente, xa forman parte do Nadal de Vigo e volverán repetirse se o tempo acompaña.