Cargando resultados...
As malas colleitas ameazan unha suba aínda maior nos prezos do aceite de oliva
As malas colleitas ameazan unha suba aínda maior nos prezos do aceite de oliva
O aceite de oliva encareceu nun 86 % no último ano e xa roza os 7 euros
Cara a final de ano agárdase menos oferta de aceite no mercado
G24.gal
04/08/2023 16:59
O aceite de oliva estase a converter nun produto de luxo, rozando o litro os 7 euros. A variedade virxe extra achégase aos 8 euros.
No último ano este produto encareceu nun 86 % polas malas colleitas do ano anterior. As elevadas temperaturas e seca fan prever unha mala colleita tamén este ano.
Aínda que os produtores aseguran que non hai perigo de desabastecemento, afirman que nos últimos meses do ano a oferta será menor, co conseguinte risco de que os prezos suban máis.