Publicador de contidos
Publicador de contidos

As máquinas dun obradoiro de empanadas, o pesadelo dos veciños dun edificio en Brión

As máquinas dun obradoiro de empanadas, o pesadelo dos veciños dun edificio en Brión

Os panadeiros din que teñen todo en regra e que están corrixindo a única deficiencia detectada

G24.gal 24/07/2023 14:00

Os residentes nun edificio de vivendas en Brión quéixanse dos ruídos que produce un obradoiro de empanadas que hai no baixo do inmoble.

Din sentirse desamparados polo Concello porque presentaron varias denuncias e non tomaron medidas. Os propietarios do negocio din sentirse acosados pola comunidade de veciños.

As pancartas que penduran das fiestras deste edificio de Brión resumen o malestar dos seus residentes polo ruído que xera o obradoiro de empanadas situado no baixo do inmoble.

Os afectados din que o Concello non lles fai caso por non tomar medidas ata que presentaron unha denuncia no Valedor do Pobo. Encargou enton unha medición sonométrica, pero non están de acordo co resultado e aseguran que mesmo lles negaron o acceso ao informe.

Os propietarios do negocio aseguran que teñen todo en regra e que están en vías de corrixir a única deficiencia detectada, que é o ruído emitido por unha amasadora. Non entenden o acoso e xenreira contra o seu negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade