Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mascotas tamén poden comer fóra

As mascotas tamén poden comer fóra

Un bar de Culleredo ofrece un menú canino 

Custa 3 euros para cans pequenos e 5 para os de razas grandes

G24.gal 03/01/2024 14:13

As mascotas están cada vez máis presentes na vida cotiá dos seus donos. E iso fai que se amplíe tamén a oferta de servizos para os animais. Un bar de Culleredo incorporou á súa carta un menú para cans. Carla Castro, a súa promotora, sempre tivo mascotas e non se despega delas cando viaxa, por iso agora que acaba de montar o seu propio bar tivo moi presente a súa experiencia como cliente en lugares coma a Costa Brava nos que este servizo é habitual.

A súa oferta ten en conta os distintos tipos de cans e as demandas de cada momento. O prato básico é o arroz con polo que ela prepara e tamén se surte de precociñados en lata para os que teñan necesidades especiais. O menú custa tres euros na modalidade para razas pequenas e cinco se é para a razas grandes. Ademais ten snacks de varios tamaños para que enreden mentres os seus amos tapean. 

Monti, o bar de Carla, leva pouco tempo aberto, pero ela di que a resposta está sendo moi boa tanto por parte da clientela que ten can coma a que non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade