Publicador de contidos
Publicador de contidos

As medidas de alivio hipotecario aprobadas polo goberno estarán dispoñibles en xaneiro

As medidas de alivio hipotecario aprobadas polo goberno estarán dispoñibles en xaneiro

A Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas advirte que alongar os prestamos suporá pagar máis intereses

Para estudar cada caso particular, ADICAE pon ao servizo dos consumidores a súa rede de asesores de débeda

G24.gal 27/11/2022 14:35 Última actualización 27/11/2022 15:19

O paquete de medidas que o Goberno pactou coa banca para aliviar o impacto da suba do euríbor nun millón de fogares con hipotecas variables ofrece dúbidas para a asociación de usuarios de bancos e caixas ADICAE. 

A nosa valoración é que ás medidas podemos cualificalas cun aprobado alto con interrogantes, cremos que é positiva e moi mellorable. Cremos que hai que ter coidado con este tipo de medidas porque a longo prazo pode supor un sobreendebedamento para o consumidor", di Ana Belén Folgar, membro de ADICAE.
 

Segundo ADICAE, a ampliación do prazo do préstamo ata sete anos, a que se poderán acoller os fogares máis vulnerables que cumpran cos requistos establecidos, vai saír cara.

Para unha hipoteca media de 150.000 euros a 25 anos, aínda que inicialmente podía supor uns cen euros, ao final o consumidor pode estar pagando entre seis mil e doce mil euros máis.

Os asesores de débeda da asociación póñense ao servizo dos consumidores para estudar cada caso particular. ADICAE si valora como un anuncio histórico a creación da Autoridade de Defensa do Cliente Financeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade