Publicador de contidos
Publicador de contidos

As melloras no servizo de Gardacostas logran máis inspeccións e máis comisos en 2021

As melloras no servizo de Gardacostas logran máis inspeccións e máis comisos en 2021

O ano pasado detectáronse unhas tres mil infraccións 

Ao servizo sumáronse drons aéreos e submariños 

G24.gal 28/01/2022 16:07

As melloras no servizo de Gardacostas están permitindo incrementar a loita contra o furtivismo en Galicia, única comunidade cun servizo propio.

O ano pasado houbo case un 20 % máis de inspeccións do servizo e un 30 % máis de especies comisadas, segundo o balance da Consellería do Mar en 2021.

"Máis de dez mil inspeccións e saíron positivas unhas tres mil e pico. Iso quere dicir que facemos o noso traballo, que incrementamos o número de inspeccións pero tamén que non todos os días, dunha inspección sae unha infracción. Entón, o que pretendemos é seguir prestando o servizo, inspeccionando, controlando pero tamén buscamos que a xente cada vez máis faga un uso responsable das artes e aparellos de pesca e das distintas vías de comercilización" explicou Rosa Quintana.

O departamento investiu o ano pasado uns 12 millóns de euros na mellora dos equipos técnicos e humanos na loita contra o furtivismo. Entre eles, a posta en marcha de 8 drons, catro aéreos e outros catro submarinos.

Agora traballan en colaboración coas confrarías de pescadores e coas forzas e corpos de seguridade do Estado para seguir aumentando as inspeccións e reducindo o número de infraccións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos