Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a demanda de inspección técnica con drons no sector industrial

Medra a demanda de inspección técnica con drons no sector industrial

As empresas eléctricas están a formar o seu persoal no uso de aerocámaras

G24.gal 22/07/2022 18:55

Cada vez son máis as empresas, sobre todo do sector das enerxías renovables, que están a formar o seu persoal no uso de aerocámaras.

Os drons poden facer todo tipo de inspeccións técnicas en altura, de placas solares ou muíños, reducindo os riscos laborais e mellorando a eficiencia do servizo.

Hoxe acompañamos un equipo técnico de inspeccións ata un parque eólico. Os aparellos non tripulados que pilotan levan cámaras normais e térmicas que facilitan a detección dos defectos a resolver.

A mesma tecnoloxía serve para outras instalacións renovables, como os paneis solares, e é cada vez máis demandada por empresas eléctricas de todo o mundo.

No caso das placas solares, a tecnoloxía permite detectar cada pequena lesión ou fractura nos materiais que poidan supoñer unha perda de eficiencia e todo sen correr os riscos dun traballo en altura.

Estes novos usos industriais súmanse ao uso forestal dos drons, para vixilancia do monte, ou agrícola, para detección de pragas, por exemplo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade