Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gandeiro de Xermade perde 65 vacas en dous meses e non sabe a causa das mortes

Un gandeiro de Xermade perde 65 vacas en dous meses e non sabe a causa das mortes

Perdeu máis de 200.000 euros e di que a aseguradora non o quere indemnizar

A explotación afectada, que tiña preto de 200 cabezas, non conta xa con ningunha vaca enferma
G24.gal 15/01/2024 20:21 Última actualización 15/01/2024 21:35

Francisco non se explica que puido ocorrer. Na súa explotación de Xermade morreron 65 vacas en dous meses. Algunhas, en cuestión de horas, sen responder aos tratamentos dos veterinarios.

As primeiras analíticas descartaron que morreran pola enfermidade hemorráxica epizoótica, como se pensou nun principio. Por iso houbo que facer máis probas.

Calcula que deixou de producir 1.200 litros de leite diarios, e que as perdas poden superar os 200.000 euros. O peor de todo, di, é que a aseguradora non o quere indemnizar.

Agora quédanlle setenta vacas para muxir, e polo momento non se atreve a comprar máis. A boa nova é que leva xa tres semanas sen animais enfermos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade