Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mellores festas, concertos e eventos da última fin de semana de xuño en Galicia

As mellores festas, concertos e eventos da última fin de semana de xuño en Galicia

O Resurrection Fest, o San Paio, o inicio da Mostra Internacional de Teatro de Cangas, o Orgullo LGTBIQ+ e moito máis

Asistentes do Resurrection Fest (EFE / Eliseo Trigo) Asistentes do Resurrection Fest (EFE / Eliseo Trigo)
G24.gal 27/06/2024 17:01 Última actualización 27/06/2024 20:18

Festas e eventos:

XLI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo en Cangas. O xoves 27 de xuño comeza un festival de teatro no que o humor será un elemento principal con actuacións diarias ata o día 7 de xuño.

Orgullo LGTBIQ+: Galicia conta con varios eventos para que os membros do colectivo poidan reivindicar e celebrar ao mesmo tempo mediante unha gran variedade de oferta cultural. Algúns dos lugares nos que celebralo son Santiago, Pontevedra, Padrón, Ribeira, Arzúa, Celanova, A Laracha, Boiro e Tomiño.

San Paio na Estrada. Verbena, música moi variada, actividades para todas as idades e moito máis ata este sábado nas festas patronais da vila.

San Xoán Bautista de Carballo. As festas comezaron o mércores 19, pero aínda teñen moito que ofrecer ata este domingo 30 de xuño: concertos, fogos de artificio, verbenas e xogos populares.

Festas Patronais de Vilalonga. Entre o venres 28 e o domingo 30 de xuño esta parroquia de Sanxenxo celebra a primeira parte das súas festas, en que as verbenas e as procesións serán protagonistas.

● Romaría dos Maiores en Vilagarcía de Arousa. Un evento para a terceira idade, no que ata 550 comensais poderán gozar dun bo menú a baixo prezo acompañado de música, baile e concursos.

Festas do Barrio de San Pedro. Festas patronais con verbena, foliada, xogos tradicionais, teatro e moito máis ata o domingo en Santiago.

San Pedro de Visma na Coruña. Unha festa perfecta para gozar dun prato de churrasco, polbo ou paella e de pasalo ben nas súas actividades e coa súa música.

 

Concertos e festivais:

Resurrection Fest: Ata 89 bandas conforman en Viveiro un extenso cartel de música metal e hardcore encabezado por Bring Me The Horizon, Alice Cooper, The Offspring, entre outros.

Maná: No Coliseum da Coruña o xoves 27 de xuño ás 22:00.

The Rapants e Galician Army. Estarán este venres ás 23:00 e á 1:15 da madrugada seguinte no Sán Xoán Bautista de Carballo.

Pontevedra Rock & Padel. Deporte e música xúntanse en Pontevedra o venres desde as 20:30.

     — Celtas Cortos, La Guardia, La Frontera, Dj Jorge Cremades.

● Valeria Castro. Ás 21:00 horas do venres na Coruña e ás 21:00 do sábado en Ferrol.

● A Galega Fest: As caras máis coñecidas da verbena galega o sábado ás 12:00 en Ourense.

     — Panorama, París de Noia, Satélites, Cinema, Olympus e Kubo.

● Antía Muíño. O domingo ás 20:00 no Teatro Colón da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar