As mellores festas e concertos dunha fin de semana protagonizada polo San Xoán
As mellores festas e concertos dunha fin de semana protagonizada polo San Xoán
As festas de Ourense e o concerto de Emilia na Coruña son os outros dous grandes eventos destes días
Festas populares:
● San Xoán. Asistir a grandes fogueiras, saltar as cacharelas, lavar a cara coas sete herbas ou asar sardiñas son actividades habituais na festa que dará a benvida ao verán en moitos concellos galegos o domingo 23 de xuño. As praias da Coruña e Nigrán acollerán as maiores celebracións. Pola súa parte, Vigo contará con fogueiras en todas as súas parroquias, mentres que outras localidades como Poio, Sarria ou Carballo gozarán de grandes festexos, nos que non só se saltará nas cacharelas, senón tamén nas súas verbenas.
● Festas de Ourense. As grandes festas da cidade reúnen unha extensa programación para todos os públicos: atraccións, orquestras, concertos, a Festa das Cores e fogos de artificio.
● San Paio na Estrada. Comezan o sábado 22 co acendido das luces e unha carreira nocturna e estenderanse ata o sábado 29 cunha chea de actividades e música.
● Festa do Requeixo en Cerdedo-Cotobade. Festa gastronómica con verbenas na parroquia de San Gregorio de Corredoira os días 21 e 22.
● Festa dos Fachos en Redondela. Na noite do sábado 22 de xuño, como cada ano, as rúas iluminaranse co lume da tradicional procesión dos fachos
● Feira do Cabalo de Adai no Corgo. A festa acollerá un espectáculo ecuestre o domingo 23.
Concertos, festivais e actuacións:
● Emilia: Sábado 22, ás 21:00 na Coruña
● Mikel Erentxun: Domingo 23, ás 23:45 na Coruña.
● Celtas Cortos: Venres 21, ás 23:59 horas en Ourense.
● Sés: Sábado 22, ás 22:00 horas en Narón.
● Dial al Sol (domingo 23 en Vigo): Conchita, DePol, Antoñito Molina, Gonzalo Hermida, Ezio Oliva, Yoli Saa, Marta Soto e Andreew.
● Festival Valadouro Rock: Sábado 22 no Valadouro (Lugo).
● Festival Acento: Venres 21 en Santiago.
● Luis Chataing: O cómico venezolano dará un espectáculo de humor o 22 de xuño ás 20:30 en Vigo.
● Los Morancos, Bis a Bis: Espectáculo de comedia na Coruña, o sábado as 20:30 horas.