Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mellores festas, festivais e concertos da fin de semana en Galicia

As mellores festas, festivais e concertos da fin de semana en Galicia

O Festival de Ortigueira, a segunda parte do Gozo Festival e as festas do Carme en vilas como Marín, O Grove ou Rianxo, protagonistas da segunda fin de semana de xullo

Imaxe de arquivo do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Imaxe de arquivo do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
G24.gal 11/07/2024 19:42

Festas tradicionais:

● Virxe do Carme en Marín: a batalla das flores, grandes verbenas, concertos, fogos de artificio e moito máis nas grandes festas da localidade.

● Festas do Carme no Grove: verbenas, atraccións, festa da espuma, misas e atraccións ata o 16 de xullo.

● Festas do Carme en Rianxo: misa, música e moito máis na festa da patroa dos mariñeiros.

● Feira do Viño do Rosal: catas, música, pasarúas, maxia e incluso un escape room enolóxico entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo.

● Ribadeo Indiano: festa de época na que a vila é transportada aos inicios do século XX para recrear un modo de vida influenciado polas tradicións e modas traídas de América.

● San Cristovo de Carnés: esta parroquia de Vimianzo acollerá procesións, verbenas, picadiscos, gastronomía e moita diversión ata este sábado 13 de xullo.

● San Cristovo en Negreira: verbenas, picadiscos, festa da espuma, inchables e degustación gratuíta de xamón asado entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo.

● Feira Outrora de Rubián: a tradicional feira de artesanía do Concello de Bóveda celebra a súa vixésima edición este domingo.

● Feira Franca Betanzos dos Cabaleiros: a histórica cidade volve á Idade Media entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo.

● Festa do Polbo de Mugardos: a oportunidade perfecta para degustar o polbo á mugardesa dáse este sábado.

● Vigo Seafest: festa gastronómica con catorce postos de cociña de autor, talleres e actividades para toda a familia e acompañada dunha ampla oferta musical entre o xoves e o domingo.

● Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño: festa gastronómica en Ames este domingo.

 

Festivais e concertos:

● Festival de Ortigueira: ata 26 bandas de todos os países e rexións de tradición celta reúnense nun dos eventos da semana, entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo:

- Fillas de Cassandra, Dervish, Green Lads, Scottish FishBöj, Capercaillie, Ailá e moitos máis.

● Gozo Festival-BBF: a parte dedicada á música electrónica do festival. Este sábado en Santiago de Compostela.

- Marshmello, Armin Van Buuren, Hardwell, Claptone, Fedde Le Grand, Korolova, Timmy Trumpet e máis artistas.

● Atlantic Pride: o Festival do Orgullo LGTBQ+ na Coruña, que comezou o pasado domingo estendese ata este domingo 14 de xullo.

- Nena Daconte, Luna Ki, Nebulosa, Chanel, Venga Boys, Rosa López, Mondra, Amoebo, Las Ketchup e máis artistas.

● Afluente Festival: festival en Ponteareas o venres 12 e o sábado 13 de xullo:

- Baiuca, Boikot, Carlangas y los Cubatas, Shego, Tremenda Jauría, Mondra, Galician Army, Grande Amore, _Juno e máis artistas.

● Festival Ribeiro Son de Viño: música, gastronomía e viño únense no Grove o 13 de xullo.

- The Rapants, Álex Ferreira, Calequi y las Panteras, The Limboos, e B. Willish DJ.

● Dani Fernández: o sábado 13 en Vigo no Parque de Castrelos.

● Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa: o sábado 13 no Coliseum da Coruña.

● Robe Iniesta: sábado 13 de xullo na Coruña como parte do ciclo Coruña Sounds.

● Café Quijano: sábado 13 de xullo nas festas do Carme de Marín.

● Iván Ferreiro: sábado 13 de xuño en Noia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar