As Meniñas de Canido volven encher de arte, música e cultura o barrio ferrolán
As Meniñas de Canido volven encher de arte, música e cultura o barrio ferrolán
Nin a chuvia desta primeira xornada detivo os artistas convidados nas Meniñas de Canido. Enchen as paredes de edificios coas súas creacións. Dezaseis anos despois o proxecto conserva o seu espírito orixinal de transformar o barrio coa arte urbana.
"Hai aínda ruína, abandono, decadencia e aínda necesitan algunhas paredes que lles demos esa inxección de cor e de esperanza para este barrio", apunta Eduardo Hermida, director das Meniñas de Canido.
Participan sesenta pintores e muralistas. Pero en total serán 100 os artistas que se darán cita en Ferrol. Ano tras ano as Meniñas foron medrando ata convertérense nun festival multidisciplinar cun amplo programa cultural -con charlas e obradoiros-, e festivo -cun mercado creativo e música-. "As pretensións non son ningunhas senón seguir manchando e encher de cor e contaxiar da nosa arte os veciños e as veciñas do barrio", insiste Hermida.
Ata o domingo Ferrol será de novo capital da arte urbana.