As menores son as vítimas de violencia machista que máis aumentaron en 2021
As menores son as vítimas de violencia machista que máis aumentaron en 2021
As mulleres vítimas de violencia de xénero aumentaron ata as 1.217 en Galicia
España rexistrou 30.141 vítimas, o que supón un 3,2 % máis que en 2020
As mulleres vítimas de violencia de xénero aumentaron ata as 1.217 en Galicia. A taxa galega de vítimas de violencia de xénero sitúase catro décimas por debaixo da media estatal.
Se atendemos aos datos en España, un total de 30.141 mulleres foron vítimas de violencia machista durante o ano 2021, o que supón un 3,2 % máis que en 2020.
O maior aumento deuse entre as menores de 18 anos que pasaron de 514 a 661, o que supón un 28,6 % máis que no ano anterior.
Son as cifras que se extraen do informe de Violencia Doméstica e Violencia de Xénero correspondente a 2021 que este martes publica o Instituto Nacional de Estatística.
Amosa que nese ano as vítimas de ambos tipos de violencia sumaron 38.715 (un 2,4 % máis), das que 35.359 foron mulleres e 3.356, homes.