Publicador de contidos
Publicador de contidos

As modistas non dan feito nesta época chea de eventos e celebracións

As modistas non dan feito nesta época chea de eventos e celebracións

As claves do auxe deste sector: unha sociedade que ten pouco tempo para estas tarefas e unhas novas xeracións que non saben coser

G24.gal 23/06/2023 21:40 Última actualización 28/06/2023 22:08

Encargos constantes nunha época en que todos queremos saír lucir as nosas mellores galas nos eventos, ou mellorar as gangas mercadas no verán pasado. Meses de moito esforzo para as modistas de Sarey, que levan case dúas décadas no sector traballando sen descanso.

Cando María chegou do Paraguai montou unha mercería, pero viu que a xente demandaba arranxos de roupa e non o pensou dúas veces porque leva cosendo desde os 15 anos tamén en firmas de renome.

As claves do auxe deste sector: unha sociedade que ten pouco tempo para estas tarefas e outros máis novos que dan puntada... pero sen fío.

Todas botan moitas horas extra ao lombo para que lles dea tempo a entregar as pezas nas datas previstas porque estas modistas teñen claro que para fidelizar clientela hai que dar calidade e puntualidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade