Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mulleres rurais testemuñan o protagonismo feminino no campo galego

Mulleres rurais testemuñan o protagonismo feminino no campo galego

Máis de 200 persoas participan na Estrada na celebración do Día Internacional da Muller Rural

A terceira edición de Alma rural recoñece as gandeiras, agricultoras e emprendedoras que sustentan o campo galego 

G24.gal 14/10/2023 17:22 Última actualización 14/10/2023 18:34

As mulleres rurais testemuñan o seu protagonismo no desenvolvemento económico e social do país na xornada organizada pola Administración galega este sábado na Estrada. Participan agricultoras, gandeiras e emprendedoras.

"Eu sobre todo quero dar visibilidade a que as mulleres tamén podemos estar no monte e podemos traballar como motoserrista e operaria forestal manexando autocargadores e procesadoras", di Laura Vallejo.

"Temos sobre trinta cabezas de gando e eu o que quero é unha explotación en extensivo e mellorar a calidade.  Escoito que estou tola da cabeza que non vou conseguir iso pero eu creo que iso é dos prexuízos que temos de atrás. Con ganas todo se pode e coas facilidades que temos hoxe en día, moito mellor", explica Lucía.

Lucía dende Melide e Laura dende a serra lucense de Meira suman milleiros de seguidores nas redes sociais. Elas amosan a súa realidade como unha opción de vida atractiva e con futuro.

"Gústame moito cando as rapazas se interesan por seguir unha profesión relacionada co monte. A miña pequena vocación é invitar a todas esas mulleres a que coñezan a profesión e sobre todo que os compañeiros as acollan", explica Laura Vallejo.

"Si que hai unha saída no rural e moi bonita", di Lucía Casal.

Máis de 200 participaron nesta edición de Alma Rural. O seu obxectivo é dar visibilidade e apoio ás mulleres que sustentan o agro e o campo. 

"Creo que a mellor homenaxe neste Día Internacional da Muller Rural é comprometerse  a seguir traballando na mesma liña os outros 364 días do ano", asegura o conselleiro do Medio Rural, José González. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade