Cargando resultados...
As narcolanchas comisadas en Portugal superan os cinco millóns de euros
As narcolanchas comisadas en Portugal superan os cinco millóns de euros
A Polícia Judiciária requisou 14 narcolanchas no norte do país
Alberto Mancebo
11/04/2022 13:50
As autoridades portuguesas puxeron cifra ás narcolanchas comisadas no seu territorio dentro da operación Munari, que rematou en Galicia con 8 detidos. Os peritos valoraron cada narcolancha comisada en 400.000 euros.
A Policia Judiciária detectou 14 no norte do país, nesta operación que se levou a cabo a un e outro lado do Miño. Tratábase dunha rede que construía embarcacións rápidas para prover os narcotraficantes.
O valor dobra o dunha embarcación creada para fins lícitos porque estas lanchas contan con mellores equipamentos de navegación e motores de enorme cilindrada, o que fai evidente o gran poder económico das organizacións de narcotraficantes.