Publicador de contidos
Publicador de contidos

As navieiras adiantan a tempada estival para visitar as illas Cíes

As navieiras adiantan a tempada estival para visitar as illas Cíes

Desde hoxe, os transbordadores que cobren as rutas cara ás illas Cíes van saír cada día, tanto desde Vigo como desde Cangas

G24.gal 25/04/2023 16:23

O auxe como destino turístico das illas Cíes obrigou as navieiras a adiantar a temporada estival. Dende hoxe poden visitarse a diario ata completar a cota, que ata o 14 de maio é de 450 visitantes diarios. A partir de entón, serán 1.800 as persoas que poderán achegarse cada día ao paraíso atlántico.
As ringleiras nos peiraos de Vigo e Cangas van ser diarias, porque o tirón das illas Atlánticas convertéronas nun destino fixo dos que visitan Galicia.
Os máis previsores xa reservaron para esta ponte de maio, e xa esgotaron as prazas. Para os que non o fixeron, aínda quedan billetes para visitar as illas Ons.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade