As obras na A-55 en Tui obrigan a circular en dobre sentido ata finais de setembro
As obras na A-55 en Tui obrigan a circular en dobre sentido ata finais de setembro
Os traballos para os saneamento e estabilización dos noiros da autovía impiden a circulación polos dous carrís de acceso a Portugal desde Galicia
As obras de saneamento e estabilización dos noiros na A-55, na contorna de Tui, provocan que desde primeira hora deste luns se circule en dobre sentido polos dous carrís da autovía que entra en Galicia desde Portugal.
As obras, executadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, realízanse entre os quilómetros 27,735 e 28,025 da calzada sentido Portugal.
Tras a finalización dos traballos da primeira fase (entre os meses de xaneiro e xuño do presente ano), agora dan comezo os da segunda e está previsto que se prolonguen ata finais de setembro, de acordo coa información que traslada o ministerio.