Publicador de contidos
Publicador de contidos

As olas voaron sobre a Praza Maior de Xinzo nunha nova cita co Entroido

As olas voaron sobre a Praza Maior de Xinzo nunha nova cita co Entroido

Pequenos e maiores participaron este domingo neste xogo tradicional que se remonta a cando non había auga corrente nas casas

A vindeira cita será o Domingo Corredoiro, en que sairán por primeira vez á rúa as Pantallas

G24.gal 28/01/2024 20:58 Última actualización 28/01/2024 21:32

Empregábanse para carrexar a auga e cando xa non servían.

"Se non había que traballar, viñan á fonte e íamos ás casas preguntar polas olas. Empezabamos con oito olas e hoxe estamos con 300 olas. Isto é un mundo".

As olas voan de man en man espertando a ovación dos espectadores. Ata que rematan esnaquizadas polo chan.

"Poden traer auga, fariña e viño, algunha ao mellor, nunca se sabe".

"Eu ando amodiño, ando con xeito porque esta xuventude agora é moi louca".

É o son que caracteriza este Domingo Oleiro: o escachar das olas na praza maior.

"O bonito é que rompan, se non marchas coas mans sangrando non ten graza. Perigoso non, soa o único que é este Entroido".

Un Entroido único en que a tradición pasa de pais a fillos. Os máis pequenos, que xa xogaron, pola mañá observan e aprenden.

"É cuestión de práctica, eles xa levan xogando moitos anos".

"Vívelo dende meniño, vendo o teu pai xogar, e agora, que es ti o que xoga, implica moito".

Un Entroido en que ninguén é só observador.

"Eu non sei explicar, pero é moi especial, vívese moito".

"Levámolo no sangue".

A vindeira cita será o Corredoiro, en que sairán por primeira vez as Pantallas, faciana e alma do Entroido Limiao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade