Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña celebra o día grande do Entroido coa Festa Choqueira de Monte Alto

A Coruña celebra o día grande do Entroido coa Festa Choqueira de Monte Alto

G24.gal 13/02/2024 21:48

O martes foi xornada festiva na Coruña no día grande do Entroido coa celebración da Festa Choqueira, que ten o seu epicentro na rúa da Torre, no barrio de Monte Alto.

Ambiente de troula e bo humor, en que os protagonistas son os choqueiros e choqueiras que improvisan e argallan o seu disfrace co primeiro que collen pola casa. Bótanse así á rúa e co seu descaro van provocando a quen se cruza con eles.

En Monte Alto cada ano tamén lle dedican unha placa a unha choqueira insigne. Desta volta, a homenaxeada foi a Susa, que leva 50 anos animando as rúas coas súas improvisadas vestimentas. "Cando aquí nin se celebraba o Entroido eu collía é ía detrás dos de Monte Alto a 100 e ía detrás deles facendo a mona", lembra a Susa.

Desvergoñado, irreverente e descarado. Así é o Entroido coruñés.

A Coruña despedirase do Entroido este mércores co enterro da sardiña. Mentres tanto, a festa continúa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos