Publicador de contidos
Publicador de contidos

As pantallas de Xinzo tamén marcan as normas no domingo de Entroido

As pantallas de Xinzo tamén marcan as normas no domingo de Entroido

Despois de case un mes de xolda, a xente bótase á rúa con ganas de máis

G24.gal 27/02/2022 14:31

O Entroido entra na súa recta final con este domingo grande. Xinzo de Limia leva case un mes de festa, pero as forzas non fraquean e a troula continúa. 

A xente sae á rúa disfrazada a primeira hora e nunca sabe cando vai volver para a casa. O maxín triunfa na escolla das vestimentas e personaxes que sorprenden en cada recuncho da vila.

As pantallas marcan a lei do Entroido co bater das súas vexigas de vaca infladas. Saíron hai unha semana por vez primeira, no domingo corredoiro, e hoxe volven ser as protagonistas.

Co enterro da sardiña, o mércores de cinza, remata a festa. Polo momento, aínda quedan  tres días de xolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar