Publicador de contidos
Publicador de contidos

As partes negocian a lei de amnistía co xoves vindeiro como data tope para o acordo

As partes negocian a lei de amnistía co xoves vindeiro como data tope para o acordo

Fontes da negociación aseguran que a semana próxima acadarán o consenso definitivo

Previsiblemente, haberá blindaxe para os posibles afectados pola acusación de terrorismo

Desde o PP din que a amnistía é unha transacción "indecente e inmoral"

G24.gal 03/03/2024 20:33 Última actualización 03/03/2024 20:55

Desde Sumar, o previsible número un da candidatura aos comicios europeos, Jaume Asens, poñía data fóra de micro ao acordo pola amnistía. Fala do xoves vindeiro como máximo e cre que blindará os afectados por suposto terrorismo como Puigdemont.

"Estamos a piques de chegar a un acordo. O acordo é inminente. Este acordo vai blindar todas as persoas que están agora mesmo afectadas pola causa chamada do Tsunami".

O presidente de Cataluña, Pere Aragonès, asegura nunha entrevista en El Periódico que a lei de amnistía "é sólida". Pídelle a Junts que non haxa máis dilacións e aposta por acordar un referendo de independencia para a próxima lexislatura catalá.

"Centrémonos na lei de amnistía, aprobémola o antes posible e, por tanto, que comece a aplicación. E despois xa valoraremos se caben outras medidas".

Desde o PP, Miguel Tellado sostén que Sánchez, coa amnistía, vendeu a democracia a cambio de sete votos. Di que ten "todo un país como refén das súas débedas cos independentistas" e da transacción que o mantén no Goberno.

"Unha transacción indecente, inmoral, politicamente inadmisible. É transaccionar sete votos para unha investidura a cambio dunha amnistía durante dez anos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade