Publicador de contidos
Publicador de contidos

As peaxes polo uso das autovías irán ao Consello de ministros do 1 de febreiro

As peaxes polo uso das autovías irán ao Consello de ministros do 1 de febreiro

A medida provocaría que Galicia conte con case 600 quilómetros máis de pago

A Xunta critica a falta de transparencia do Goberno central e reclama diálogo

O plan do Goberno central fará que Galicia conte con case 600 quilómetros máis de pago
G24.gal 18/01/2022 14:05

A ministra de Transportes defendía na Cadena Ser as peaxes polo uso das autovías, que o consello de ministros aprobará o 1 de febreiro. A Xunta reclama diálogo e transparencia. Critica a falta de información e suliña que Galicia sairía mal parada co sistema de cobro por quilómetro.

Outra opción podería ser o chamado sistema de adhesivo, cunha tarifa fixa para ter no coche un adhesivo semellante ao da ITV que permitiría circular por todas estas vías de pago. Entre os condutores a medida non convence.

Os transportistas temen o impacto económico destas peaxes cando aínda sofren os efectos da pandemia. Non comparten a xustificación de que os cartos van ser para manter a rede viaria. A falta de detalles o que sabemos é que en Galicia haberá case 600 quilómetros máis de pago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade