Publicador de contidos
Publicador de contidos

As pequenas e medianas empresas, no punto de mira dos ciberdelincuentes

As pequenas e medianas empresas, no punto de mira dos ciberdelincuentes

Os ataques a estas entidades chegan porque son máis vulnerables ao non ter unha estrutura forte ou non poden pagar unha consultora tecnolóxica

G24.gal 02/04/2024 13:52

As pequenas e medianas empresas están no punto de mira dos ciberdelincuentes que as consideran máis vulnerables e indefensas. Así o constatan nun sector preocupado ante o aumento deste tipo de delitos. 

Segundo o presidente dos empresarios de Pontevedra moitas destas empresas están indefensas. Non teñen unha estrutura forte ou non poden pagar unha consultora tecnolóxica que lles axude a loitar contra uns delitos moi difíciles de perseguir e moi doados de realizar, por iso, moitos delincuentes cambiaron o seu método tradicional de roubo.

O engano máis empregado por estes grupos organizados é o phising. Segundo explica Yago Fortes, responsable da empresa Inprosec, os delincuentes conseguen chamar a atención a través dun sms, WhatsApp ou un correo electrónico atractivo. O usuario, pensando que é algo real, entra nun sitio vulnerable e descarga un software malicioso.

As consecuencias para as empresas son múltiples: perda de información, bloqueo da actividade, extorsión para recuperar a normalidade a cambio de cartos e dano a imaxe e a reputación  empresarial.

A defensa ante os enganos non é doada. No caso das pequenas e medianas empresas a análise dos riscos, a prevención, a sensibilización e formación dos traballadores é clave. 

En España o pasado ano rexistráronse máis de 200.000 ciberataques, porén son moitos máis xa que unha alta porcentaxe non se denuncian por cuestións de imaxe empresarial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade