As persoas de entre 65 e 79 anos xa están poñendo a vacina da gripe
As persoas de entre 65 e 79 anos xa están poñendo a vacina da gripe
Os maiores de 80 deben esperar que os convoquen por SMS ou chamada
O 15 de novembro abre para os de 60-64, embarazadas, persoal esencial, e traballadores de granxas e de oficinas de farmacia
Os maiores de 80 deben esperar que os convoquen por SMS ou chamada. Pero os menores desa idade que teñan entre 65 e 79 non teñen esperar nada. Son eles mesmos os que, coma todos os anos, deben pedir a cita para a vacina da gripe.
Poden facelo no seu centro de saúde ou na web ou aplicación do Sergas. Os beneficios de vacinarse contra a gripe son coñecidos desde hai moitos anos.
O prazo está aberto para os maiores de 65 desde o luns. E o 15 de novembro abre para os de 60-64, embarazadas, persoal esencial, e traballadores de granxas e de oficinas de farmacia. Pero os de entre 65 e 79 poden seguir vacinándose contra a gripe para o 31 de decembro.