As praias das Rías Baixas locen o primeiro cheo do verán baixo o sol e a calor
As praias das Rías Baixas locen o primeiro cheo do verán baixo o sol e a calor
Despois dun sábado de ceos grises e choivas en toda Galicia, neste domingo de sol radiante e de temperaturas de 27 graos, os areais das Rías Baixas amosaron por fin a imaxe máis típica da segunda quincena de xullo, a dos parasois, xente deitada na area e moitos bañistas.
Especialmente nas Rías Baixas o ceo azul, o sol radiante e as temperaturas chegando aos 27 graos notáronse finalmente nos areais. É o caso desta praia urbana de Sanxenxo que se encheu máis que ningún día desde que comezou o mes.
Xuntáronse os que gozan das vacacións de xullo cos clásicos domingueiros, os que aproveitan a fin de semana aínda que mañá luns traballen. E os que estaban rogando sol e praia deben saber que mañá teremos o primeiro aviso amarelo por calor en Galicia.
No Miño de Ourense superarán os 36 graos. Aquí no litoral de Pontevedra o aviso amarelo chegará o martes porque os termómetros subirán dos 34 graos centígrados.
Un fervedoiro de xente en Sanxenxo produto de sumárense a fin de semana os que están de vacacións da quincena e os que xa están de ponte do Apóstolo.
Con 27 graos, ceo azul e sol e a previsión dunha semana con temperaturas en aumento, o areal de Silgar xa loce como loce cada verán desde hai máis dunha década. Incluso algo máis.
Máis calor o luns, con aviso amarelo por altas temperaturas no Miño de Ourense e o martes aquí, no litoral de Pontevedra, aviso amarelo tamén cunha previsión de 36 graos.