Publicador de contidos
Publicador de contidos

As praias que admiten cans animan o turismo

As praias que admiten cans animan o turismo

Punta Corveira, no concello lucense de Barreiros, é un dos areais máis valorados 

En Foz, algúns usuarios da praia de Tupide, reclaman que non se permita o acceso das mascotas

G24.gal 07/08/2023 14:06

Os cans teñen nesta praia de Punta Corveira, en Barreiros, un lugar privilexiado para gozar do mar. Separada por un regato do resto do areal, este espazo permite o acceso con mascotas, sempre e cando respecten as normas de convivencia.

Conta con acceso propio e unha ducha para asear os cans, uns servizos moi apreciados que sorprenden os usuarios. É un atractivo máis deste concello da Mariña que cada vez atrae máis turistas.

Unha situación distinta vívese nesta outra praia ao outro lado da ría, en Foz, onde a presenza dos cans, que está autorizada, é cuestionada por varios usuarios que mesmo recolleron sinaturas para impedir que poidan acceder o areal.

Unha situación controvertida que se dá nunha vila que dispón de dezaseis praias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade