As previsións apuntan a que o aceite de oliva seguirá subindo de prezo
As previsións apuntan a que o aceite de oliva seguirá subindo de prezo
Os produtores din que a caída da colleita provoca un desequilibrio entre a oferta e a demanda
Desde marzo do 2021 o prezo disparouse case un 115 %
A tensión nos mercados vén dada pola baixada drástica da produción das tres últimas campañas sobre todo da deste ano. Polo momento, a seguinte colleita tampouco permite ser optimistas.
No Ministerio de agricultura tampouco cren que melloren as cousas. Prevén unha recuperación da produción, pero moi lonxe do millón catrocentas mil toneladas dunha colleita normal.
O prezo do aceite de oliva é unha das grandes preocupacións dos consumidores á hora de facer a compra. Co litro rozando os dez euros moitos optan por deixar de compralo.
O malestar crece cando se constata que nos países veciños é máis barato que en España, que é o principal produtor.
O aceite comezou a súa escalada interanual en marzo do 2021 e desde entón ata o mes de agosto deste ano o prezo disparouse case un 115 por cento.
As asociacións de consumidores denuncian diferenzas de prezo dependendo dos supermercados e piden ao Goberno central máis control na cadea de produción.