Publicador de contidos
Publicador de contidos

As protectoras de animais recollen unha media de 800 cans e gatos cada día

As protectoras de animais recollen unha media de 800 cans e gatos cada día

O refuxio da mancomunidade da comarca de Ferrol atende nas súas instalacións máis de douscentos animais

G24.gal 21/10/2023 15:35 Última actualización 21/10/2023 17:01

España lidera o abandono de mascotas en Europa. As protectoras rescatan unha media de oitocentos cans e gatos ao día. Máis da metade non chegan a ser adoptados. O refuxio da mancomunidade da comarca de Ferrol coida actualmente de máis de douscentos animais. Nos útimos meses detectaron un aumento de casos de abandono e de renuncia.

"Hai máis abandonos e máis intentos de entrega autorizada. A xente ten medo e desfaise dos animais porque pensa que non vai poder cumprir os requisitos da nova Lei de Benestar Animal", explica Yadira Tenreiro, xerente do refuxio.

Seis persoas traballan no refuxio da mancomunidade da comarca de Ferrol, que cada ano recolle uns 500 cans e 600 gatos. O centro recibiu a visita da conselleira de Medio Ambiente, acompañada polo alcalde de Ferrol e a delegada territorial da Xunta.

Ángeles Vázquez dixo que o goberno galego apoiará o labor dos concellos e das asociacións que atenden e coidan dos animais cunha partida de 450.000 euros. Tamén anunciou a creación dun parque canino nas sete cidades grandes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade