As queimas agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia a partir deste venres
As queimas agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia a partir deste venres
Non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso
A situación meteorolóxica incide no risco de lume
A Xunta informou de que a partir de que este venres, 22 de marzo, quedarán prohibidas en Galicia as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares “ata novo aviso”.
Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa directamente o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, que son debidamente planificadas e dispoñen dos medios de extinción precisos.
Non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso
Isto implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste venres.
A decisión tomouse, informa a Xunta de Galicia nun comunicado, tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados detalladamente os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que, desde este venres e ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares.